Os Libros da Titiriteira é unha
proposta na que se fomenta a lectura e que está adaptada a espazos
reducidos, tales como bibliotecas ou pequenas salas.
Non se trata dun espectáculo de títeres común
nin dun contacontos corrente, senón que mestura ambos conceptos. Grandes
Libros que conteñen no seu interior pequenas historias nas que todo é posible.
E, aínda que nun primeiro momento poida parecer
que é o titiriteiro o que vai a contar as historias... descubriremos que dos
libros xurde outro tipo de vida... levándonos a un mundo que nos atrapará
coa súa maxia.