A gatiña Lúa non ten
irmáns e a avoa non lle deixa saír fóra, mais ela soña con viaxar, coñecer
novos lugares e ter amigas para xogar.
Cando logra saír atópase
cun gato que tamén intenta impedirlle que realice os seus soños, pero Lúa di
NON, porque ninguén ten dereito a destruír os seus soños e ilusións.
A igualdade e a non
violencia son alicerces dunha historia tan entrañable como auténtica.
<< FOTOS>>
Podedes solicitar a actividade de "Ula Lúa?" para o voso cole. Baseada no libro homónimo, da cal é autora Celtia Figueiras e ilustrador Marcelo P.Fernández.
No Consorcio Editorial Galego facilitaránvos toda a información para que Lúa poida visitarvos. Podedes chamar ao 986405051 ou enviar un mail a pedimentos@coegal.com
Podedes obter máis información sobre o libro e actividades complementarias en http://guindastre.gal/coleccions/a-xanela-do-maxin/ula-lua/
A que agardades???? Estamos preparadas!