Rosi, unha nena á que lle encantan a música e máis os contos descobre, a través do artista que vai dar un concerto ao seu colexio, que os contos se poden cantar!
Celtia e Rosi contan e cantan as historias de "Cantamos?" de Luis Vallecillo (editado por "guindastre edicións") das cales Celtia é autora e narradora.
Os Tres Porquiños, O Parrulo Feo ou O Gato con Botas son algúns dos contos cos que Celtia nos sorprenderá. E Rosi... Rosi contaranos a súa experiencia de cando Luis Vallecillo visitou o seu cole.