martes, 22 de xuño de 2021

Fin de Curso no CPI de Pontecesures!!

Despedimos o curso cos nosos "Libros da Titiriteira" no CPI de Pontecesures para que a lectura nos acompañe durante todo o verán, con historias de aventuras, fábulas ou contos populares. Que teñades unhas moi boas vacacións!!

martes, 15 de xuño de 2021

Volvemos a Barro contando con Lúa!


Unha vez máis, no CEIP Amor Ruibal de Barro me acolleron cos brazos abertos e moitísimo agarimo. Todo o alumnado de primaria puido gozar co conto de Lúa. Levounos dous días, pero foi fantástico!

mércores, 2 de xuño de 2021

"U-la Lúa?" en Porto do Son

E no EEI de Seráns, en Porto do Son, a nosa Lúa fixo 8 estupendas amigas e amigos! E se chove... que chova!!!

Contando no CEIP Xosé Mª Brea Segade


 Hoxe volvín á biblioteca do CEIP Xosé Mª Brea Segade de Rianxo, desta vez con "U-la Lúa?" e que ben o pasamos!!!