martes, 18 de maio de 2021

Cos Libros da Titiriteira en Sabaxáns

E voltei a sacar os meus "Libros da Titiriteira" para desfrutar coas miñas veciñas e veciños de Sabaxáns, en Brión. Na Escola Infantil recibíronme unha vez máis cos brazos ben abertos e pasámolo en grande!

luns, 17 de maio de 2021

Feliz día das Letras Galegas!!! Dende Valdoviño

Hoxe é un día ben especial! O das nosas letras. E aquí, en Valdoviño, celebrámolo ao grande, con Gale e todas as súas amigas e amigos, que cada vez son máis. Grazas a todas e todos!!!

sábado, 15 de maio de 2021

Contando pola Lingua en Mazaricos


Continuamos con "Gale, a Historia da Lingua". Desta vez na Casa da Cultura de Mazaricos, na Picota, onde a nosa protagonista se sentiu moi a gusto e a súa luz alumeaba ben intensa...

sábado, 8 de maio de 2021

No Centro Cultural Lustres Rivas

Fermosa sesión hoxe en Ribeira!!! 

E todo grazas ao servizo de bibliotecas e normalización lingüística do concello por manter viva a actividade cultural nos tempos que corren. Ben falta que fai!