Grazas a todas e a todos!!!
martes, 5 de outubro de 2021
Lúa na biblio de Coiro, en Cangas
martes, 28 de setembro de 2021
U-la Lúa en Oleiros
mércores, 4 de agosto de 2021
martes, 20 de xullo de 2021
martes, 22 de xuño de 2021
Fin de Curso no CPI de Pontecesures!!
martes, 15 de xuño de 2021
mércores, 2 de xuño de 2021
"U-la Lúa?" en Porto do Son
Contando no CEIP Xosé Mª Brea Segade
Hoxe volvín á biblioteca do CEIP Xosé Mª Brea Segade de Rianxo, desta vez con "U-la Lúa?" e que ben o pasamos!!!
martes, 18 de maio de 2021
Cos Libros da Titiriteira en Sabaxáns
luns, 17 de maio de 2021
Feliz día das Letras Galegas!!! Dende Valdoviño
Hoxe é un día ben especial! O das nosas letras. E aquí, en Valdoviño, celebrámolo ao grande, con Gale e todas as súas amigas e amigos, que cada vez son máis. Grazas a todas e todos!!!
sábado, 15 de maio de 2021
Contando pola Lingua en Mazaricos
Continuamos con "Gale, a Historia da Lingua". Desta vez na Casa da Cultura de Mazaricos, na Picota, onde a nosa protagonista se sentiu moi a gusto e a súa luz alumeaba ben intensa...
sábado, 8 de maio de 2021
No Centro Cultural Lustres Rivas
Fermosa sesión hoxe en Ribeira!!!
E todo grazas ao servizo de bibliotecas e normalización lingüística do concello por manter viva a actividade cultural nos tempos que corren. Ben falta que fai!
venres, 16 de abril de 2021
Gale, a Historia da Lingua
Hoxe en Lousame retomei "Gale, a Historia da Lingua" despois de un tempiño parada e o sol saíu... Foi emocionante, e gozámolo moito.
sábado, 27 de marzo de 2021
Celebrando o día mundial do teatro
E celebro este día mundial do teatro como mellor sei, contando e xogando enriba do escenario cos meus monicreques! E tocou na Biblioteca Ánxel Casal de Santiago, un pracer!!!
venres, 26 de marzo de 2021
U-la Lúa? na Biblioteca Pública de Lugo
Unha tarde máis contando pola igualdade con "U-la Lúa?" ante un público marabilloso, desta vez na Biblioteca Pública de Lugo. Grazas!
luns, 15 de marzo de 2021
Lúa nun lugar máxico de Cambre
sábado, 6 de marzo de 2021
Actuacións pola igualdade en Cambados
Porque hai colexios que seguen a apostar polas actuacións presenciais, aquí estamos, reivindicando que a cultura sempre foi e segue a ser segura.
Moitísimas grazas ao CEIP San Tomé de Cambados por recibirnos tan agarimosamente. E volveremos!