martes, 27 de outubro de 2020

"U-la Lúa?" e "Gale, a Historia da Lingua" en Ribadeo

Hoxe en Ribadeo tivemos dobre sesión de "U-la Lúa?" e tamén contamos "Gale, a Historia da Lingua". 

Un día completo e do que me levo moi bo recordo... encantada de volver por esas terras!


sábado, 24 de outubro de 2020

Día das Bibliotecas!!!


Na Casa da Cultura de Sarria tamén quixeron celebrar o día das bibliotecas ao grande!

Onte contamos "U-la Lúa?" e pasámolo xenial.



venres, 23 de outubro de 2020

Contada "en-mascarada" no CEIP Rosalía de Castro do Grove

 

E hoxe no Grove, no CEIP Rosalía de Castro!!!! Segunda contada escolar "en-mascarada" . Comportamento exemplar dos coles e alumnado en canto ás medidas de seguridade, hixiene e distancias.

Todo un pracer!

xoves, 22 de outubro de 2020

PRIMEIRA FUNCIÓN ESCOLAR POST-CONFINAMENTO!!!

Primeira función escolar post-confinamento e con máscara, pero foi igualmente xenial e moi especial. Fantásticas as nenas e nenos do CEIP Amor Ruibal, de Barro!

Vémonos noutra!!!