venres, 31 de xaneiro de 2020

Remate de semana en Foz


Porque o día da paz son tódos os días!!! E hoxe tamén no CEIP nº1 de Foz! Con Lúa lembrámolo en cada contada e cada vez é única

CEIP Juan Rey, Lourenzá


E volvemos a Lourenzá coa mesma ilusión que a primeira vez! No CEIP Juan Rey sempre nos acollen con moito agarimo. Grazas!!!

xoves, 30 de xaneiro de 2020

No día da paz... contamos


Que boa maneira de celebrar o día da paz!!! Contando e compartindo historias de amor, amizade e igualdade

Ata Ribadavia nos fomos


Tres inesquencibles sesións de "U-la Lúa?" para o CEIP de Ribadavia no IES do Ribeiro. Sempre un pracer contar por estas terras!

mércores, 29 de xaneiro de 2020

A piques de comezar en Rois


Moita expectación no CEIP dos Dices, de Rois. Fóra chove a todo chover. Entramos empapadas... pero xa estamos!!! Preparadas... listas...

luns, 27 de xaneiro de 2020

Que ben o pasamos en Muros!


Lúa e máis eu pasámolo en grande no CEIP Artaza y Malvárez de Muros, brincando pola biblioteca e conversando cas nenas e nenos de infantil

Novas! Lúa no CPI de Zas




Comezamos a semana contando no CPI de Zas. Desta vez a través do Consorcio Editorial coa nosa Lúa e as súas amigas e amigos!

martes, 21 de xaneiro de 2020

EEI Fernández Varela


Á beiriña do mar, no EEI Fernández Varela da Pobra do Caramiñal andivo paseando Lúa, buscando ese barco que vai dar a volta ao mundo!

Volvemos a Palmeira!!!



Encantada de volver a contar no CEIPP de Palmeira, en Riveira. Desta vez con "U-la Lúa?". Que ben que se lembren de unha con tanto agarimo... E participar na Radio Lombiña todo un privilexio!!!

luns, 20 de xaneiro de 2020

U-la Lúa? en Quiroga


No CEIP de Quiroga contamos e desfrutamos de "U-la Lúa?". Fermosa vila e mellor público! Viva o Courel!!!

venres, 17 de xaneiro de 2020

As Unitarias tamén contan


Hoxe xuntáronse as nenas e nenos do CEIP de Traba, do EEI de Carnés, do CEIP Castromil, do EEI de Carantoña e do CEIP de Camelle para ver a Lúa e facer unha pequena festa en Laxe. Elas si que saben!

xoves, 16 de xaneiro de 2020

EEI de Luaña. Pequeniño e acolledor


6 crianzas nunha escoliña tan guai! En Brión molamos un montón!!! Que vou dicir eu? Que vivo aquí dende fai case unha década? Agradecida polo trato recibido

Coma na casa!


Cando cheguei ao EEI de Sabaxáns, en Brión, decateime de que eran coma unha familia! E acolléronme como se fora da casa!!! Todo un pracer! Grazas!!!

venres, 10 de xaneiro de 2020

Viaxamos con Lúa ao EEI de Aro



Que boa mañá pasamos con "U-la Lúa?" pola igualdade no EEI de Aro! Unha escoliña pequena e moi acolledora nun lugar privilexiado.  

xoves, 9 de xaneiro de 2020

Lúa en Ortigueira!


Con Lúa viaxamos ata Ortigueira para gozar cas nenas e nenos do CEIP José María Lage da súa incríble historia!

Ata a próxima!!!

mércores, 8 de xaneiro de 2020

Primeiro día despois das festas


Comezamos tempada no CEIP Gándara-Sofán de Carballo coa nosa amiga Lúa e a súa marabillosa historia de igualdade e non violencia.

Benvidas e benvidos!