martes, 27 de outubro de 2020

"U-la Lúa?" e "Gale, a Historia da Lingua" en Ribadeo

Hoxe en Ribadeo tivemos dobre sesión de "U-la Lúa?" e tamén contamos "Gale, a Historia da Lingua". 

Un día completo e do que me levo moi bo recordo... encantada de volver por esas terras!


sábado, 24 de outubro de 2020

Día das Bibliotecas!!!


Na Casa da Cultura de Sarria tamén quixeron celebrar o día das bibliotecas ao grande!

Onte contamos "U-la Lúa?" e pasámolo xenial.



venres, 23 de outubro de 2020

Contada "en-mascarada" no CEIP Rosalía de Castro do Grove

 

E hoxe no Grove, no CEIP Rosalía de Castro!!!! Segunda contada escolar "en-mascarada" . Comportamento exemplar dos coles e alumnado en canto ás medidas de seguridade, hixiene e distancias.

Todo un pracer!

xoves, 22 de outubro de 2020

PRIMEIRA FUNCIÓN ESCOLAR POST-CONFINAMENTO!!!

Primeira función escolar post-confinamento e con máscara, pero foi igualmente xenial e moi especial. Fantásticas as nenas e nenos do CEIP Amor Ruibal, de Barro!

Vémonos noutra!!!
 

luns, 9 de marzo de 2020

Contando pola igualdade en Pazos-Comoxo


No CEIP Pazos-Comoxo de Boiro son 7 alumnas. 7 nenas que non perderon ollo nin oído ás historias de Lúa. Un conto pensado por e para a igualdade e que nos dá moito para pensar.

Na casa de Botalerias todo é unha festa


Hoxe contamos "U-la Lúa?" na casa do Botalerias, no CEIP ADR Castelao de Ordes. E por terceiro ano consecutivo marcho con moita ilusión porque neste cole son un público... xenial!

xoves, 27 de febreiro de 2020

Ata Xinzo nos fumos


Non ben rematado o entroito ata Xinzo nos fumos!!! 
Con Lúa e as súas aventuras contando e cantando na Casa da Cultura para o alumnado do CEIP Rosalía de Castro.

mércores, 12 de febreiro de 2020

Na biblio do CEIP Vales Villamarín


O noso ratiño moi ben o pasou xunto ca Fada Madriña do CEIP Vales Villamarín de Betanzos. Todas as nenas e nenos leran "U-la Lúa?" así que tivemos dúas sesións moi especiais e emotivas.

Xornada con "U-la Lúa?" en Miño


No CPI Castro Baxoi de Miño para o alumnado de infantil e primeiro ciclo de primaria tivemos unha divertida xornada acompañando a Lúa e ás súas aventuras.

venres, 31 de xaneiro de 2020

Remate de semana en Foz


Porque o día da paz son tódos os días!!! E hoxe tamén no CEIP nº1 de Foz! Con Lúa lembrámolo en cada contada e cada vez é única

CEIP Juan Rey, Lourenzá


E volvemos a Lourenzá coa mesma ilusión que a primeira vez! No CEIP Juan Rey sempre nos acollen con moito agarimo. Grazas!!!

xoves, 30 de xaneiro de 2020

No día da paz... contamos


Que boa maneira de celebrar o día da paz!!! Contando e compartindo historias de amor, amizade e igualdade

Ata Ribadavia nos fomos


Tres inesquencibles sesións de "U-la Lúa?" para o CEIP de Ribadavia no IES do Ribeiro. Sempre un pracer contar por estas terras!

mércores, 29 de xaneiro de 2020

A piques de comezar en Rois


Moita expectación no CEIP dos Dices, de Rois. Fóra chove a todo chover. Entramos empapadas... pero xa estamos!!! Preparadas... listas...

luns, 27 de xaneiro de 2020

Que ben o pasamos en Muros!


Lúa e máis eu pasámolo en grande no CEIP Artaza y Malvárez de Muros, brincando pola biblioteca e conversando cas nenas e nenos de infantil

Novas! Lúa no CPI de Zas




Comezamos a semana contando no CPI de Zas. Desta vez a través do Consorcio Editorial coa nosa Lúa e as súas amigas e amigos!

martes, 21 de xaneiro de 2020

EEI Fernández Varela


Á beiriña do mar, no EEI Fernández Varela da Pobra do Caramiñal andivo paseando Lúa, buscando ese barco que vai dar a volta ao mundo!

Volvemos a Palmeira!!!



Encantada de volver a contar no CEIPP de Palmeira, en Riveira. Desta vez con "U-la Lúa?". Que ben que se lembren de unha con tanto agarimo... E participar na Radio Lombiña todo un privilexio!!!

luns, 20 de xaneiro de 2020

U-la Lúa? en Quiroga


No CEIP de Quiroga contamos e desfrutamos de "U-la Lúa?". Fermosa vila e mellor público! Viva o Courel!!!

venres, 17 de xaneiro de 2020

As Unitarias tamén contan


Hoxe xuntáronse as nenas e nenos do CEIP de Traba, do EEI de Carnés, do CEIP Castromil, do EEI de Carantoña e do CEIP de Camelle para ver a Lúa e facer unha pequena festa en Laxe. Elas si que saben!

xoves, 16 de xaneiro de 2020

EEI de Luaña. Pequeniño e acolledor


6 crianzas nunha escoliña tan guai! En Brión molamos un montón!!! Que vou dicir eu? Que vivo aquí dende fai case unha década? Agradecida polo trato recibido

Coma na casa!


Cando cheguei ao EEI de Sabaxáns, en Brión, decateime de que eran coma unha familia! E acolléronme como se fora da casa!!! Todo un pracer! Grazas!!!

venres, 10 de xaneiro de 2020

Viaxamos con Lúa ao EEI de Aro



Que boa mañá pasamos con "U-la Lúa?" pola igualdade no EEI de Aro! Unha escoliña pequena e moi acolledora nun lugar privilexiado.  

xoves, 9 de xaneiro de 2020

Lúa en Ortigueira!


Con Lúa viaxamos ata Ortigueira para gozar cas nenas e nenos do CEIP José María Lage da súa incríble historia!

Ata a próxima!!!

mércores, 8 de xaneiro de 2020

Primeiro día despois das festas


Comezamos tempada no CEIP Gándara-Sofán de Carballo coa nosa amiga Lúa e a súa marabillosa historia de igualdade e non violencia.

Benvidas e benvidos!