venres, 20 de decembro de 2019
Boas Festas!!!!
E no CEIP As Nogais, última función de "U-la Lúa?" pola igualdade ata despois do Nadal!!!
Desexando volver. Menuda festaza que se montou neste cole. Que ben!!!
Onde está Rato?
Moitas cousiñas lindas teñen no CEIP de Monterroso, en Lugo! Un Nadal creativo e xenial!!!
E nós, con Lúa, rato, avóa e gato celebrámolo ao grande
mércores, 18 de decembro de 2019
martes, 17 de decembro de 2019
En Ribadeo pola Igualdade
E continuamos coa nosa xira pola Igualdade con "U-la Lúa?". No CEIP Gregorio Sanz de Ribadeo tamén puideron desfrutar da historia desta gatiña.
Hoxe na Mariña Lucense!!!!
Hoxe tocou viaxar con Lúa á Mariña Lucense. Que marabilla!!!
No CEIP O Cantel de Foz moi ben o pasamos... U-la Lúa?
luns, 16 de decembro de 2019
"U-la Lúa?" no CEIP Varela Buxán
U-la Lúa?
No CEIP Varela Buxán de Lalín buscamos e buscamos ata que apareceu. E tamén desfrutamos co conto, claro!!
Ler é máxico no CEIP Rosalía
Como nos gustou a mascota da biblioteca do CEIP Rosalía de Castro de Lugo!!! Unha biblioteca ben fermosa...
venres, 13 de decembro de 2019
Rematamos a semana no CEIP Campanario
Última representación de "U-la Lúa?" pola igualdade. E rematamos ao grande no CEIP Campanario de Porto do Son!
Grazas a todas e a todos
Unitarias de Porto do Son con Lúa
Na Casa da Cultura de San Pedro de Muro xuntáronse as Unitarias de Porto do Son para coñecer a historia de "U-la Lúa?". EEI de Caamaño, CEIP de Seráns, EEI de Queiruga e EEI Carballosa.
xoves, 12 de decembro de 2019
Marabilloso o EEI da Igrexa (Ames)
O Apalpador e a Nena Sen Medo
Chega o Apalpador ao CEIP de Barouta!!! e moito nos gustou compartir a historia da Nena sen Medo cas crianzas do centro...
Que viva o Apalpador!
mércores, 11 de decembro de 2019
E por Baltar andivemos...
Que ben o pasamos en Padrenda
Sempre un pracer viaxar a esta zona. No CEIP de Padrenda-Crespos foi unha gozada contar o conto de "U-la Lúa?". Grazas!
martes, 10 de decembro de 2019
No CEIP San Xosé Obreiro, Lúa e a súa avoa
Lúa e máis a súa avoa atoparon no CEIP San Xosé Obreiro de Arteixo unha fermosa casiña na que estiveron brincando un anaco, para despois contarlles ás nenas e nenos a súa incrible historia
luns, 9 de decembro de 2019
E volvemos a Fisterra!
Como me gusta volver á Costa da Morte!!! Desta vez no CEIP Mar de Fóra de Fisterra, onde había moita expectación para ver á gatiña Lúa
Marramiañamos por Arteixo!!!
Porque no EEI Barrionovo miañamos e remiañamos cos amigos e amigas de Lúa! Un pracer ter contado neste cole tan fermoso...
xoves, 5 de decembro de 2019
Seguimos en Cambados
Hoxe doble sesión en Cambados! Desta vez no EEI de Pastora. E Lúa encantada. Moito nos gusta viaxar por Galiza adiante...
Lúa no EEI de Modia
Xa a primeira hora da mañá, no EEI de Modía, en Cambados, Lúa estaba preparada para representar a súa historia e aventuras e as nenas e nenos desexando vela e escoitala!
mércores, 4 de decembro de 2019
Sesións de tarde en Lalín
No CEIP Xesús Golmar de Lalín moito desfrutamos esta tarde con "U-la Lúa?"!!! As nenas e nenos de 5º e 6º de infantil non pestanexaban vendo ás nosas gatiñas...
martes, 3 de decembro de 2019
Biblioteca do CEIP Cabada Vázquez
Nesta fermosa biblioteca do CEIP Cabada Vázquez da Estrada estivemos Lúa e máis eu!!! Dúas sesións inesquecibles de conto e emocións.
luns, 2 de decembro de 2019
CEIP Canicouva, Vigo
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)