venres, 29 de novembro de 2019
E rematamos o mes en Pontevedra
Última función do mes de novembro no CEIP Froebel de Pontevedra cas cativas e cativos de infantil!
Ata a próxima!
U-la Lúa no Sobreira-Valadares
Entre aldeas, vilas e cidades anda Lúa. E hoxe tocou Vigo. No CEIP Sobreira-Valadares contamos e gozamos coa gatiña
xoves, 28 de novembro de 2019
Ata Cervantes nos fumos!!!
Preparadas, preparados!!! No CPI de Cervantes sempre nos reciben cun sorriso e moito agarimo! Lúa, a avoa, o seu amigo e máis eu estámoslles moi agradecidas
mércores, 27 de novembro de 2019
Contando na Escola Infantil de Tal
E rematamos o día contando no EEI de Tal para as 7 nenas e nenos que conforman este centro. Encantóume compartir as aventuras de U-la Lúa con elas!
Artistas miúdos en Muros pintan a Lúa
As nenas e nenos do EEI de Muros pintaron estes fermosos debuxos despois de ver a Lúa e aos seus amigos!!! Son moi creativas!
A voar!!!! Na biblioteca do cole de Xuño
Lúa brincando coa mascota do CEIP de Xuño, en Porto do Son. Ela si que pode voar e dar a volta ao mundo!!! Se cadra Lúa vai con ela...
martes, 26 de novembro de 2019
CEIP Barrié de la Maza
Que fai o ratiño esperando no CEIP Barrié de la Maza?
A que comece o conto de U-la Lúa!!!
3 sesións cun alumnado excelente, grazas mil!
luns, 25 de novembro de 2019
U-la Lúa? na Estrada
No CEIP de Oca, na Estrada tamén contamos, e contamos ben, a historia da gatiña Lúa, que vai medrando función tras función...
CEIP Mosteiro de Caaveiro
E continuamos neste día por A Capela, no CEIP Mosteiro de Caaveiro. Lúa, a súa avoa, amigas e amigos pasárono en grande co alumnado deste centro!
Día internacional da eliminación da violencia contra a muller (Vilalba)
Comezamos con Lúa no CEIP Terra Chá de Vilalba, neste día da eliminación da violencia contra a muller, porque a través dos contos e cos títeres podemos expresar e comunicar cuestións tan delicadas coma a violencia dunha maneira axeitada para a infancia.
venres, 22 de novembro de 2019
Cantamos con Celtia e Rosi no Ramo
No CEIP O Ramo de Fene moito cantamos e bailamos!!! cos tres Porquiños, o Parrulo Feo, o Gato con botas, Xan sen medo e, por suposto, Rosi!!!
CEIP Os Casais de Fene
Con este agasallo me recibiron hoxe no CEIP Os Casais de Fene! Debuxos das nenas e os nenos nos que representaron a Lúa e á súa historia
Grazas!!!!
xoves, 21 de novembro de 2019
Primeira das funcións pola igualdade en Toén
Primeira das funcións pola igualdade nos colexios! Recibíronme cos brazos abertos no CEIP Saco e Arce de Toén, onde xa estivera outras veces e no que sempre me tratan con moito cariño. Grazas!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)