venres, 25 de outubro de 2019

Lúa na Pobra do Caramiñal


Aquí estivemos Lúa e máis eu! Na Biblioteca da Casa do Mar da Pobra do Caramiñal para compartir con todas e todos a súa marabillosa historia. Volveremos!

xoves, 24 de outubro de 2019

Marramiauuu - Forcarei


Moito miañamos e ouveamos cos contos de "Cantamos?" no CEIP Nosa Señora das Dores de Forcarei. E tamén bailamos e cantamos, por suposto! Todo na biblioteca, celebrando o día das bibliotecas.

CEIP Virxe da Saleta de Cea


 
No CEIP Virxe da Saleta de Cea si que saben o que é divertirse!!! Moitas xa coñecían as historias e cancións de "Cantamos?" e desfrutamos delas a tope. 

mércores, 23 de outubro de 2019

Volvemos a Lourenzá!



De volta en Lourenzá! E desta vez co conto de Lúa. Que gusto dá reencontrarme coas nenas e nenos para as que contei outras veces e que se lembran de cada historia e imaxe que compartimos! 

Gale, a historia da Lingua



 "Gale, a historia da Lingua" contada e representada para a rapazada da Cañiza. Da gusto escoitar tantas palabras na lingua de Gale. Así seguro que a súa luz non se apagará!

mércores, 16 de outubro de 2019

Bibliotequeando en Arteixo


Seguimos coas actuacións de Ler Conta Moito en bibliotecas! Desta vez en Arteixo con "Ula Lúa?" na categoría de Igualdade. E ben que o pasamos coas aventuras desta gatiña...

martes, 1 de outubro de 2019

U-la Lúa? En Negreira!


Canto agarimo recibimos Lúa e máis eu no Centro Sociocultural de Negreira. Encantada de ter contado alí esta tarde!