xoves, 30 de maio de 2019

Cantamos? no Labarta Posé


No CEIP Labarta Posé de Baio (Zas) tamén puidemos gozar cos contos e cancións de "Cantamos?" da man da nosa Rosi e tamén dos personaxes do libro de Luis, claro. 

Celtia e Rosi no CPI Alcalde Xosé Pichel


Cantas cousas nos contou hoxe Rosi no CPI Alcalde Xosé Pichel! 
Que Luis Vallecillo foi ao seu cole a cantar contos, e moitas cousas máis!

mércores, 29 de maio de 2019

Ula Lúa? no Inquedu


Que fai Lúa na Cidade da Cultura de Galicia? Pois contar a súa historia no Inquedu!!! 

Bravo por Lúa!!!

luns, 27 de maio de 2019

A bailarrrr... no CEIP Felipe de Castro

Moito bailamos na biblioteca do CEIP Felipe de Castro de Noia!!! 
"tres gatos xigantes entraron brincando
eran as pantasmas cos brazos levantados
tocou forte as palmas o ogro leonardo"

sábado, 25 de maio de 2019

Os meus libros no Superlectoriño!


Falando da creación literaria con Superlectoriño no Club Camaleón da Biblioteca Pública Municipal de Brión! Todo un luxo e un pracer participar neste programa. Grazas!!!


xoves, 23 de maio de 2019

A biblio de Lectuvín

Lectuvín é a mascota da biblioteca do CEIP Virxe do Carme de Sober e acompañounos durante a sesión de "Cantamos con Celtia e Rosi" que tivemos hoxe.
https://bibliotecavirxedocarme.blogspot.com/2019/05/cantamos.html

Cantamos en Monforte

Cantamos con Rosi no CEIP A Gándara de Monforte. E menudo decorado tiñan preparado!! Ata estaba o castelo de Xan sen Medo...
"Os monstros do castelo
argallaron un plan
para a Xan sen Medo 
poder asustar"

Os porquiños saen ao CEIP de Silleda


Quen aparece por aí? Os porquiños saíndo do libro "Cantamos?" de Luis Vallecillo!!!

No CEIP de Silleda contamos, cantamos e bailamos con todos os personaxes.

CEIP de Fontiñas

Moito me gustou esta Galiña Azul que tiñan no CEIP de Fontiñas!!! 
"Galiña, galiña
galiña azul,
bonita e moi rara
non hai outra igual.
Pón ovos de cores
de ricos sabores
rosas, amarelos
e algún verdemar"

E de agasallo... unha árbore!!!


No CEIP Mestre Rodríguez de Lavacolla (Compostela), despois da contada de "Cantamos con Celtia e Rosi" agasalláronme, nin máis nin menos, unha árbore! Que ilusión!!!

xoves, 16 de maio de 2019

Biblioteca de Gusi! no Monte dos Postes

Na Biblioteca Paula Carballeira do CEIP Monte dos Postes de Compostela teñen unha mascota que namora: Gusi! Que gustazo visitala con "Cantamos con Celtia e Rosi"

mércores, 15 de maio de 2019

CEP Ferro Couselo de Valga


Neste colexio moito gustan os contos e a música! Rosi e máis eu compartimos unha xornada ben fermosa co alumnado do centro presentando "Cantamos?"

luns, 13 de maio de 2019

Marramiauuuu... en Santa Comba


O gato con botas si que o pasou ben no CEIP Pepe de Xan Baña de Santa Comba!!!! E eu tamén!!! Estreando a súa fermosa biblioteca.

Estou encantada de volver a este cole. E outra vez que nos veremos!!!

CEIP Xacinto Amigo, Val do Dubra

Este fermoso mural teñen no CEIP Xacinto Amigo de Val do Dubra á entrada do colexio!
Que alegría chegar e atoparme algo así, para despois desfrutar co alumnado cantando e bailando!!!

domingo, 12 de maio de 2019

Biblioteca Caracola Tola


Non é o primeiro león co que nos atopamos Rosi e máis eu nunha biblioteca, pero si a biblioteca co nome máis simpático que lembramos: Caracola Tola, do CEIP Alexándre Bóveda, de Redondela. É xenial!!!

venres, 10 de maio de 2019

Cantamos? no CEIP dr.Fleming, Vigo


Agardando polas crianças do CEIP dr.Fleming de Vigo para cantar, contar e bailar con Rosi e todos os demais personaxes de "Cantamos?" que hoxe nos acompañan

xoves, 9 de maio de 2019

Bergantiños canta



Porque no CEIP de Bergantiños cántase!! 

Ademais agora xa sabemos que o importante non é saír de primeiras, se non pasalo... BEN

Na nova biblio do CEIP Milladoiro, Malpica


O segundo Milladoiro da semana. Algo ten que significar! 

Desta vez viaxamos con "Cantamos?" ata Malpica, ao CEIP Milladoiro. E na súa nova e marabillosa biblioteca lemos, contamos, escoitamos, cantamos e bailamos!


mércores, 8 de maio de 2019

Con Rosi por Arteixo


Canto desfrutamos no CEIP Ponte dos Brozos de Arteixo! O cole máis grande que vin polo momento e con nenas, nenos e profes co corazón aínda máis grande... 

Biblioteca do Otero Pedrayo, a Laracha


Hoxe aprendín que na biblioteca do CEIP Otero Pedrayo da Laracha os soños se poden facer realidade!!! 

E con Rosi, de "Cantamos?" soñamos espertas.

martes, 7 de maio de 2019

Personaxes de conto no EEI do Milladoiro


Aínda que pareza mentira, "fóra de camara", todos os personaxes de conto se levan ben! O lobo feroz, o gato con botas, os tres porquiños...

E tamén ben que o pasamos no EEI do Milladoiro contando e cantando estas historias!

3, 2, 1... despegamos en Pedrouzos!!!


Porque as nenas e nenos do CEIP de Pedrouzos de Brión despegaron comigo nesta gran aventura!!! Ata chegamos a marte cos porquiños no foguete espacial!

venres, 3 de maio de 2019

CEIP Ana María Diéguez


E o Gato con Botas e máis eu rematamos o día e a semana neste CEIP Ana María Diéguez de Rianxo. Esgotadas pero felices. 

Vémonos noutra!!!

E chegamos ao auditorio de Rianxo


Pois si! No auditorio de Rianxo tamén "Cantamos?" para as crianças do CEIP ADR Castelao. Un público, por certo, magnífico. Paseino moi pero que moi ben nesta presentación.

xoves, 2 de maio de 2019

Cantamos? na Ramallosa!


Tamén no CEIP da Ramallosa, de Teo, presentei o libro "Cantamos?". Un non-parar marabilloso!

Seguimos!!!

Co alumnado de 3º no CEIP A Maía

No CEIP Maía, de Bertamiráns, o alumnado de 3º gozou cos contos do noso "Cantamos?". 
No seu blog teñen un vídeo, por se queredes velo: http://biblioceipamaia.blogspot.com/2019/05/celtia-cantamos-cos-alumnos-de-3.html