luns, 29 de abril de 2019
Na biblio do CEIP de Olveira
Con esta cara se quedou o Lobo Feroz ao atoparse coa mascota da Biblioteca do CEIP de Olveira, en Riveira. Uffff! Menudo susto!!!
venres, 26 de abril de 2019
A viaxe dos Tres Porquiños a Ponteareas
Mirade ata onde chegaron hoxe os Tres Porquiños de "Cantamos?"! Ata a Biblioteca de Leo León do CEIP Feliciano Barrera de Ponteareas no seu foguete espacial fuxindo do lobo ferozzzzz.
http://blogdeleoleon.blogspot.com/2019/05/contacontos-na-semana-do-libro.html
Marramiañamos hoxe en Mos
xoves, 25 de abril de 2019
Ula Lúa? por Boiro!
Preto de 50 alumnas e alumnos do ciclo de infantil no CEIP de Cespón, en Boiro, leron xa "Ula Lúa?". Este foi un agasallo para todas elas. E ben que desfrutamos coas aventuras da gatiña!
No CEIP Camiño Inglés, Sigüeiro
Cando cheguei ao CEIP do Camiño Inglés de Sigüeiro soaba "Grândola, vila Morena" e aledoume o día! Tanto é así que as dúas sesións que fixen presentando o noso "Cantamos?" foron fantásticas.
Grazas!
mércores, 24 de abril de 2019
A nova biblio do CEIP de Armenteira
Rosi en Caldas
martes, 23 de abril de 2019
Fermosa biblioteca no Víctor Sáez
Repito este ano na fermosa biblioteca do CEIP Víctor Sáez de Mazaricos. E eu encantada neste día do Libro! Desta vez con "Cantamos con Celtia e Rosi" e pasámolo moi, pero que moi ben.
Moita música no CEIP de Caión!
venres, 12 de abril de 2019
CEIP López Ferreiro de Compostela
E tamén Gale visitou ao alumnado do CEIP López Ferreiro de Compostela!
Moito desfrutamos coa súa historia. Ata a próxima!!!
Con Gale en Taragoña - Rianxo
Unha contada de luces e sombras. Unha interesante xornada coa "Historia da Lingua Galega, do latín ao acento de Burgos"
http://bibliobreasegade.blogspot.com/2019/04/as-aventuras-de-gale.html
xoves, 11 de abril de 2019
Auuuuuuuuuuuu no CEIP José Lage!
Como ouveaban as crianzas do CEIP José Lage de Ortigueira!!!! co noso lobo... cando os porquiños fuxiron ao espazo exterior! E tamén bailamos e cantamos con Xan sen Medo! Unha mañá moi completa.
mércores, 10 de abril de 2019
CEIP Amadeo R.Barroso de Ourense
O gato con botas a bailar e cantar no CEIP Amadeo R.Barroso de Ourense!!!! co Marqués de Carabás, os tres porquiños, o parrulo feo e Xan... Sen Medo!
Primavera navideña con "Cantamos?"
Unha primavera moi navideña no CEIP Irmáns Villar de Ourense!!! E eu presentando "Cantamos?" para as nenas e nenos de infantil e de 3º.
Pasámolo moi ben!!
luns, 8 de abril de 2019
Artistas e Xornalistas no CEIP de Andrade

No CEIP de Andrade, en Pontedeume, coñecín a poetas, xornalistas e unha chea de crianzas con moito ritmo!
Contamos, cantamos e ata me fixeron unha entrevista para a radio! Feliz e contenta de ter actuado no seu cole. Volverémonos a ver!
http://biblioandrade.blogspot.com/
http://biblioandrade.blogspot.com/
Mica Bigotes do CEIP Os Casais
O seu blog é http://contosebigotes.blogspot.com
Desfrutamos cos contos e cancións de "Cantamos?" con Rosi e as súas amigas.
domingo, 7 de abril de 2019
Feira do Libro de Verín
venres, 5 de abril de 2019
Contos da primavera en Xermade
Na Biblioteca pública de Xermade contamos contos da primavera, aínda que fóra semellaba inverno... que frío!!!
Mais dentro saíron as flores, viñeron as fadas, paxariños e moitas outras personaxes alegres e coloridos
mércores, 3 de abril de 2019
Noalla-Telleiro de Sanxenxo
Parece que o noso Gato con Botas fixo boas migas coa mascota da biblioteca do CEIP Noalla-Telleiro de Sanxenxo!
Bravo!!!!!
Biblioteca do colexio de Barro
luns, 1 de abril de 2019
Tres porquiños eran Tres! por Vilanova
O gato que conta e canta!!! en Vilagarcía
O Gato con Botas fai das súas no CEIP Rosalía de Castro de Vilagarcía!!!!
Un personaxe do noso audiolibro "Cantamos?" que adoramos compartir coas crianzas
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)