venres, 20 de decembro de 2019

Boas Festas!!!!


E no CEIP As Nogais, última función de "U-la Lúa?" pola igualdade ata despois do Nadal!!!

Desexando volver. Menuda festaza que se montou neste cole. Que ben!!!

Onde está Rato?


Moitas cousiñas lindas teñen no CEIP de Monterroso, en Lugo! Un Nadal creativo e xenial!!!

E nós, con Lúa, rato, avóa e gato celebrámolo ao grande

mércores, 18 de decembro de 2019

CEIP San Marcos de Abegondo


Unha mañá completiña no CEIP San Marcos de Abegondo!!! Catro sesións de "U-la Lúa?" moi divertidas!

martes, 17 de decembro de 2019

En Ribadeo pola Igualdade


E continuamos coa nosa xira pola Igualdade con "U-la Lúa?". No CEIP Gregorio Sanz de Ribadeo tamén puideron desfrutar da historia desta gatiña.

Hoxe na Mariña Lucense!!!!


Hoxe tocou viaxar con Lúa á Mariña Lucense. Que marabilla!!!

No CEIP O Cantel de Foz moi ben o pasamos... U-la Lúa?

luns, 16 de decembro de 2019

"U-la Lúa?" no CEIP Varela Buxán



U-la Lúa? 
No CEIP Varela Buxán de Lalín buscamos e buscamos ata que apareceu. E tamén desfrutamos co conto, claro!!

Ler é máxico no CEIP Rosalía



Como nos gustou a mascota da biblioteca do CEIP Rosalía de Castro de Lugo!!! Unha biblioteca ben fermosa... 

venres, 13 de decembro de 2019

Rematamos a semana no CEIP Campanario



Última representación de "U-la Lúa?" pola igualdade. E rematamos ao grande no CEIP Campanario de Porto do Son!

Grazas a todas e a todos

Unitarias de Porto do Son con Lúa


Na Casa da Cultura de San Pedro de Muro xuntáronse as Unitarias de Porto do Son para coñecer a historia de "U-la Lúa?". EEI de Caamaño, CEIP de Seráns, EEI de Queiruga e EEI Carballosa.

xoves, 12 de decembro de 2019

Marabilloso o EEI da Igrexa (Ames)


Que marabillosos lugares coñecemos Lúa e máis eu. Mirade que fermosura de sitio!!!
Aí é o EEI da Igrexa, en Ortoño (Ames). Unha casiña acolledora na que se respira tanta paz... que gusto contar contos en sitios coma este

O Apalpador e a Nena Sen Medo


Chega o Apalpador ao CEIP de Barouta!!! e moito nos gustou compartir a historia da Nena sen Medo cas crianzas do centro... 

Que viva o Apalpador!

mércores, 11 de decembro de 2019

E por Baltar andivemos...


 
Canta amabilidade no CEIP de Baltar... sentínme coma na casa. 
E Lúa tamén, claro. Por iso gozou tanto representando a súa historia para as nenas e nenos do cole

Que ben o pasamos en Padrenda



Sempre un pracer viaxar a esta zona. No CEIP de Padrenda-Crespos foi unha gozada contar o conto de "U-la Lúa?". Grazas!

martes, 10 de decembro de 2019

No CEIP San Xosé Obreiro, Lúa e a súa avoa


Lúa e máis a súa avoa atoparon no CEIP San Xosé Obreiro de Arteixo unha fermosa casiña na que estiveron brincando un anaco, para despois contarlles ás nenas e nenos a súa incrible historia

luns, 9 de decembro de 2019

E volvemos a Fisterra!


Como me gusta volver á Costa da Morte!!! Desta vez no CEIP Mar de Fóra de Fisterra, onde había moita expectación para ver á gatiña Lúa

Marramiañamos por Arteixo!!!




Porque no EEI Barrionovo miañamos e remiañamos cos amigos e amigas de Lúa! Un pracer ter contado neste cole tan fermoso...

Lúa comeza a semana na Coruña



No CEIP Emilia Pardo Bazán da Coruña moito madrugamos para ver a Lúa! E que ben o pasamos!!!

xoves, 5 de decembro de 2019

Seguimos en Cambados


Hoxe doble sesión en Cambados! Desta vez no EEI de Pastora. E Lúa encantada. Moito nos gusta viaxar por Galiza adiante...

Lúa no EEI de Modia


Xa a primeira hora da mañá, no EEI de Modía, en Cambados, Lúa estaba preparada para representar a súa historia e aventuras e as nenas e nenos desexando vela e escoitala!

mércores, 4 de decembro de 2019

Sesións de tarde en Lalín


No CEIP Xesús Golmar de Lalín moito desfrutamos esta tarde con "U-la Lúa?"!!! As nenas e nenos de 5º e 6º de infantil non pestanexaban vendo ás nosas gatiñas... 

martes, 3 de decembro de 2019

Biblioteca do CEIP Cabada Vázquez


Nesta fermosa biblioteca do CEIP Cabada Vázquez da Estrada estivemos Lúa e máis eu!!! Dúas sesións inesquecibles de conto e emocións.

luns, 2 de decembro de 2019

CEIP Canicouva, Vigo


Hoxe no CEIP Canicouva, de Vigo, contamos e cantamos con "U-la Lúa?" pola igualdade e a non violencia.

venres, 29 de novembro de 2019

E rematamos o mes en Pontevedra


Última función do mes de novembro no CEIP Froebel de Pontevedra cas cativas e cativos de infantil! 

Ata a próxima!

U-la Lúa no Sobreira-Valadares


Entre aldeas, vilas e cidades anda Lúa. E hoxe tocou Vigo. No CEIP Sobreira-Valadares contamos e gozamos coa gatiña

xoves, 28 de novembro de 2019

No CEIP de Samos



Que ben o pasamos en Samos!!! Éramos pouquiñas pero con moita enerxía e soños que cumplir...

Ata Cervantes nos fumos!!!


Preparadas, preparados!!! No CPI de Cervantes sempre nos reciben cun sorriso e moito agarimo! Lúa, a avoa, o seu amigo e máis eu estámoslles moi agradecidas

mércores, 27 de novembro de 2019

Contando na Escola Infantil de Tal


E rematamos o día contando no EEI de Tal para as 7 nenas e nenos que conforman este centro. Encantóume compartir as aventuras de U-la Lúa con elas!

Artistas miúdos en Muros pintan a Lúa


As nenas e nenos do EEI de Muros pintaron estes fermosos debuxos despois de ver a Lúa e aos seus amigos!!! Son moi creativas!

A voar!!!! Na biblioteca do cole de Xuño


Lúa brincando coa mascota do CEIP de Xuño, en Porto do Son. Ela si que pode voar e dar a volta ao mundo!!! Se cadra Lúa vai con ela...

martes, 26 de novembro de 2019

Lúa visita Fisterra


Por Fisterra tamén andivemos hoxe Lúa e máis eu. Actuando no CEIP Areouta, de Sardiñeiro. 

CEIP Barrié de la Maza


Que fai o ratiño esperando no CEIP Barrié de la Maza? 
A que comece o conto de U-la Lúa!!! 

3 sesións cun alumnado excelente, grazas mil!

luns, 25 de novembro de 2019

U-la Lúa? na Estrada


No CEIP de Oca, na Estrada tamén contamos, e contamos ben, a historia da gatiña Lúa, que vai medrando función tras función...

CEIP Mosteiro de Caaveiro


E continuamos neste día por A Capela, no CEIP Mosteiro de Caaveiro. Lúa, a súa avoa, amigas e amigos pasárono en grande co alumnado deste centro!

Día internacional da eliminación da violencia contra a muller (Vilalba)


Comezamos con Lúa no CEIP Terra Chá de Vilalba, neste día da eliminación da violencia contra a muller, porque a través dos contos e cos títeres podemos expresar e comunicar cuestións tan delicadas coma a violencia dunha maneira axeitada para a infancia.

venres, 22 de novembro de 2019

Cantamos con Celtia e Rosi no Ramo


No CEIP O Ramo de Fene moito cantamos e bailamos!!! cos tres Porquiños, o Parrulo Feo, o Gato con botas, Xan sen medo e, por suposto, Rosi!!!

CEIP Os Casais de Fene


Con este agasallo me recibiron hoxe no CEIP Os Casais de Fene! Debuxos das nenas e os nenos nos que representaron a Lúa e á súa historia

Grazas!!!!

xoves, 21 de novembro de 2019

Primeira das funcións pola igualdade en Toén


Primeira das funcións pola igualdade nos colexios! Recibíronme cos brazos abertos no CEIP Saco e Arce de Toén, onde xa estivera outras veces e no que sempre me tratan con moito cariño. Grazas!

venres, 25 de outubro de 2019

Lúa na Pobra do Caramiñal


Aquí estivemos Lúa e máis eu! Na Biblioteca da Casa do Mar da Pobra do Caramiñal para compartir con todas e todos a súa marabillosa historia. Volveremos!

xoves, 24 de outubro de 2019

Marramiauuu - Forcarei


Moito miañamos e ouveamos cos contos de "Cantamos?" no CEIP Nosa Señora das Dores de Forcarei. E tamén bailamos e cantamos, por suposto! Todo na biblioteca, celebrando o día das bibliotecas.

CEIP Virxe da Saleta de Cea


 
No CEIP Virxe da Saleta de Cea si que saben o que é divertirse!!! Moitas xa coñecían as historias e cancións de "Cantamos?" e desfrutamos delas a tope. 

mércores, 23 de outubro de 2019

Volvemos a Lourenzá!



De volta en Lourenzá! E desta vez co conto de Lúa. Que gusto dá reencontrarme coas nenas e nenos para as que contei outras veces e que se lembran de cada historia e imaxe que compartimos! 

Gale, a historia da Lingua



 "Gale, a historia da Lingua" contada e representada para a rapazada da Cañiza. Da gusto escoitar tantas palabras na lingua de Gale. Así seguro que a súa luz non se apagará!

mércores, 16 de outubro de 2019

Bibliotequeando en Arteixo


Seguimos coas actuacións de Ler Conta Moito en bibliotecas! Desta vez en Arteixo con "Ula Lúa?" na categoría de Igualdade. E ben que o pasamos coas aventuras desta gatiña...

martes, 1 de outubro de 2019

U-la Lúa? En Negreira!


Canto agarimo recibimos Lúa e máis eu no Centro Sociocultural de Negreira. Encantada de ter contado alí esta tarde! 

sábado, 27 de xullo de 2019

Festival de Títeres de Oropesa


Rosi e máis eu acompañamos a Luis Vallecillo co seu "Cantamos?" ao Festival Internacional Títeres a la Mar de Oropesa

luns, 24 de xuño de 2019

Festival da Escola de Nebra


E no festival de fin de curso da Escola de Nebra de Porto do Son non podían faltar contos e cancións. E para iso os foi a visitar Rosi, para pasalo... BENNNN

venres, 21 de xuño de 2019

CEIP Pousada-Carcacía (Padrón)


Co gato con botas e os seus amigos despedimos o curso no CEIP Pousada-Carcacía de Padrón!

Xa chega o verán!!!

xoves, 30 de maio de 2019

Cantamos? no Labarta Posé


No CEIP Labarta Posé de Baio (Zas) tamén puidemos gozar cos contos e cancións de "Cantamos?" da man da nosa Rosi e tamén dos personaxes do libro de Luis, claro. 

Celtia e Rosi no CPI Alcalde Xosé Pichel


Cantas cousas nos contou hoxe Rosi no CPI Alcalde Xosé Pichel! 
Que Luis Vallecillo foi ao seu cole a cantar contos, e moitas cousas máis!

mércores, 29 de maio de 2019

Ula Lúa? no Inquedu


Que fai Lúa na Cidade da Cultura de Galicia? Pois contar a súa historia no Inquedu!!! 

Bravo por Lúa!!!