martes, 30 de outubro de 2018

Outono no CSC do Ensanche

Contos de piñas, castañas, animais do bosque, trasgos e... magosto, samaín... do outono!!! no CSC do Ensanche, en Compostela, porque esta é unha estación para desfrutar!

domingo, 28 de outubro de 2018

Ula Lúa? en Compostela


Asinando Libros de "Ula Lúa?" en Compostela porque unha vez máis esta gatiña demostrou que a ilusión fai dos soños unha realidade.


sábado, 27 de outubro de 2018

O Outono dos santacombeses

Porque hoxe contamos contos do Outono e do Inverno na biblioteca pública municipal de Santa Comba! 
O noso esquío fartouse de soñar e contar, contar e soñar...

venres, 26 de outubro de 2018

Biblioteca Xabier P.Docampo

Continuamos celebrando aniversarios de Biblioteca Luis Vallecillo e máis eu. Esta vez na Xabier P.Docampo de Cambre. E pasámolo en grande!!!

xoves, 25 de outubro de 2018

Aniversario da biblio do Carballiño

E que mellor día para celebrar o aniversario da biblioteca do Carballiño que o día das bibliotecas!!!!
Cantamos, xogamos, bailamos e comemos torta de aniversario, por suposto... de chocolate!

mércores, 24 de outubro de 2018

Cantamos no CEE Manuel L.Navalón


Unha xornada moi especial e moi divertida no CEE Manuel L.Navalón de Santiago de Compostela cos contos e personaxes de "Cantamos?"

luns, 22 de outubro de 2018

Lúa no teu cole!

Xa podedes solicitar a actividade de "Ula Lúa?" para os colexios! Baseada no libro homónimo

No Consorcio Editorial Galego facilitaránvos toda a información para que Lúa poida visitarvos. Podedes chamar ao 986405051 ou enviar un mail a pedimentos@coegal.com
Podedes obter máis información sobre o libro e actividades complementarias en http://guindastre.gal/coleccions/a-xanela-do-maxin/ula-lua/ 

A que agardades???? Estamos preparadas!


sábado, 20 de outubro de 2018

Volve a primavera a Santa Comba?

Volve a primavera a Santa Comba!!! Nin máis nin menos que a mediados de outubro... todo un fenómeno.

Falamos da primavera e tamén do verán. O outono e inverno deixámolo para o vindeiro sábado!!

venres, 19 de outubro de 2018

Con Rosi en Ordes!!



Menos mal que o lobo feroz se leva ben con Rosi, que se non...
No CEIP Mesón do Vento, de Ordes, pasámolo en grande cos contos e cancións de "Cantamos?"
Coñecemos aos tres porquiños, ao gato con botas, ao lobo feróz e... por suposto, A Rosi!


luns, 1 de outubro de 2018

Ula Lúa?



Xa o teño comigo!!!!!  O libro "Ula Lúa?" do cal son autora e publiquei xunto co ilustrador Marcelo P.Fernández en Guindastre Edicións.