Contando no auditorio de Xinzo de Limia os meus "Contos para a primavera" coa "trasga vera", "as fadas das flores", "Koli e os seus amigos", "Vermes de Cores", "Unha horta moi especial" ou "O Galo Perico"
Artellamos moi pero que moi ben no CEIP de Barouta, en Ames, cos Piratas tolos, o Caracol que busca o su nome e máis aquel home que quedou enterrado na neve... e que nos deixa unha historia acumulativa con éxito asegurado: porque a auga apaga o lume, e o lume queima o pau, e o pau asusta ao gato, e o gato pilla ao rato, e o rato fura a montaña, e a montaña para o vento, e o vento leva a nube, e a nube tapa o sol e o sol... non pode derreter á neve que cobre a aquel home... http://artellandonocole.blogspot.com/search/label/MONICREQUES
Despois dunha mañá repleta de xogos populares, aínda nos quedan forzas para desfrutar dunha sesión de contos moi especial. Moitísimas grazas a todas!!!
Foi realmente emocionante volver ao CEIP Ricardo Tobío de Esteiro e contar para as fillas e fillos dos que foran meus compañeiros e compañeiras de cole... A biblioteca xa non está onde estaba, pero segue a ser activa e está cheíña de bos libros. https://bibliotecamestreagrelo.wordpress.com/2018/05/21/contacontos-con-celtia/
Na 4º Semana Cultural do CEIP Plurilingüe Monte dos Postes de Santiago de Compostela celebramos as Letras Galegas recordando a María Victoria Moreno e gozamos ao grande contando os Libros da Titiriteira para as nenas e nenos de Educación Infantil.
O Caracol recuperou o seu nome, Manolo logrou escapar da neve e o conto dos piratas... ese segue sen final. Ou mellor dito, agora xa ten tantos finais como nenas e nenos asistiron ao contacontos.
Iniciamos a semana das letras no CEIP Felipe de Castro de Noia compartindo libros e contos cunha chea de crianças desexando facer grandes viaxes coa imaxinación.
Alá vou Brión!!!! As nenas e nenos do CEIP Pedrouzos agardan os meus Libros da Titiriteira e xa van, xa van... Cos contos máis contos e as historias máis historias de todas
40 anos!!! Nin máis nin menos! Son os que cumpre a Biblioteca de Melide. E por iso lle organizamos unha festa por todo o grande, con contos, música, diversión e... por suposto... unha torta de aniversario!!!! de chocolate... mmmm..... Parabéns para ti... nesta data querida... moitas felicidades... moitos anoooos deeee vidaaaaaaaa
O meu barco pirata de conto visitou hoxe o CEIP Bergantiños de Carballo. Dentro están o capitán que pensa que o seu gato é un loro, o cociñeiro, o aprendiz de pirata e tamén ratos, moitos ratos...
E tamén coñecín a Ramoniña! A mascota da biblioteca do CEIP Otero Pedrayo de Laracha. Unha biblioteca cheísima de libros que nos acolleu estupendamente tanto a min coma aos meus Libros da Titiriteira. E pasámolo xenial!
Seica a mascota da Biblioteca do CEIP de Carnota se chama Leocadia. Gústacheme ben! E aínda que os contos os contamos no Salón de Actos, seguro que nesa biblioteca hai algún libro de caracois (que quizáis teñan nome ou quizáis non), tamén haberá algún da neve e de piratas. Si! Estou segura que de piratas hai máis de un, e máis de dous tamén... e máis de tres!!! Só hai que buscalos, collelos, abrilos e usar a nosa.... IMAXINACIÓN!!! Claro que si