mércores, 11 de abril de 2018

A primavera da "miña" biblioteca!!!


Todo un pracer contar na Axencia de Lectura de Esteiro. A miña biblioteca! 

Cando era nena ía moito por alí, e, aínda que estaba pechada ao público, inxeniábamas para asexar un pouco. Antes estaba situada no "faiado" da Casa da Sociedade. Lembro un lote de volumes cheos de pó, sen que ninguén (ou case ninguén) fora visitalos. Agora, ao ver como cambiou, sinto unha alegría tremenda. Unha biblioteca viva! Coas crianças da vila bulindo entre os libros.
E que sexa por moitos anos máis!