luns, 30 de abril de 2018

CEIP Baíñas, de Vimianzo


Moito me gusta actuar nestas terras. As nenas e nenos desfrutaron ao grande cos Libros da Titiriteira, e eu tamén... 

Contos para todas e todos na Biblioteca con libros xigantes e historias xeniais!

Despedímonos das caras... en Baio

Algúns libros acompáñanme sempre...e outros van mudando. 
Ás caras xa lles quedan poucas funcións, botarémolas de menos. Levan xa tempo comigo pero debemos darlle paso a novos contos e historias
No CEIP Labarta Pose de Baio tiveron a sorte de desfrutar delas!

sábado, 28 de abril de 2018

Primavera no Pino


Contamos para a Primavera no Pino. 

Tarde de manualidades, misterios, contos e moita diversión!


venres, 27 de abril de 2018

Unha primavera de libro

Unha colorida primavera en Lourenzá con contos para celebrar o día do libro.

Pasámolo moi ben coa trasga Vera, as fadas flor, Simón e a súa horta, os vermes de cores, koli e todas as personaxes que nos acompañaron nesta aventura.

Por mar a Nigrán

Por terra, mar ou aire? A mellor maneira que teñen estes piratas de chegar a Nigrán e por mar, por suposto.

E no CEIP de Mallón navegamos polos contos, nadamos a través das historias e mergullámonos nas lendas... como ten que ser

Waw!!! Que fachada!

Que pasada chegar a contar nun colexio e ver, o primeiro de todo, unha fachada coma esta...

No CEIP Carlos Casares de Nigrán si que contan!!!

xoves, 26 de abril de 2018

O Mosteirón de Sada

No CEIP Plurilingüe O Mosteirón, en Sada, pirateamos cun gato no ombreiro. Un gato que é un loro! Ou un loro-gato? Vaia lio!

E ademais axudáronme a levantar algúns dos libros que... son moi... moi...moi... pesados!!!

CEIP Barrié de la Maza

Que mañá tan completa tivemos hoxe en Sada. Comezando no CEIP Barrié de la Maza con moita forza e enerxía!

Un... dous... e tres!!! Aí vamos!!!

mércores, 25 de abril de 2018

Tremoedo, Vilanova


Doble sesión tamén no CEIP San Bartolomé de Tremoedo, en Vilanova de Arousa. 

Moita curiosidade teñen estas crianças e canta imaxinación! Enriquecendo contos e condimentando as historias son xeniais.


Con moito ritmo en San Roque!

Canto ritmo no CEIP San Roque de Vilanova!

Os libros felices de visitar unha aula de música tan chula... e eu tamén

Hoxe bailar non bailamos moito, pero contar... vaia se contamos!!! 


Por San Cosme, Mazaricos

As peculiares "Caras" do libro contando no CEIP Victor Saenz de San Cosme, en Mazaricos. Que ben o pasamos!

Podedes visitar o seu blog e ver máis cousiñas...
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipvictorsaenz/

martes, 24 de abril de 2018

Panorámica en Pino do Val

Menuda panorámica no CEIP de Pino do Val!!! 

Sempre un pracer contar en coles coma este...

luns, 23 de abril de 2018

Agradecida! CEIP Brea Segade

Acabo de recibir esta fotiño do CEIP Brea Segade de Rianxo, onde contei o pasado venres para un público estupendo. 
Ata puxeron unha fermosa entrada sobre min no seu blog! http://bibliobreasegade.blogspot.com.es/2018/04/o-libros-da-titiriteira.html

Agradecida...

venres, 20 de abril de 2018

Viaxe nos libros

Hoxe os meus Libros da Titiriteira visitaron CEIP Ana Mª Dieguez de Rianxo.

Estas foto é xusto antes de comezar... na calma que precede a unha tormenta de contos, ideas, soños e emocións.
Un decorado planetario para unha viaxe espectacular!

xoves, 19 de abril de 2018

Piratas en Roxos!!!


Vaia, vaia estes piratas, que non querían marchar do CEIP de Roxos!!!

Ata nos puxeron no seu blog...

En Fontiñas contamos...


No CEIP de Fontiñas, en Santiago de Compostela, contamos... claro que contamos! E que ben o pasamos!!!

Unha mañá chea de risas... e sustos. Caras, piratas e caracois dispostos a todo.

mércores, 18 de abril de 2018

Hoxe en Ordes!

Os libros da Titiriteira e máis eu viaxamos hoxe ata Ordes para compartir momentos fantásticos cas nenas e nenos do CEIP ADR Castelao.

xoves, 12 de abril de 2018

Os aqueliños de Frións

E como furrulará o aquel de aquelar? Estaríanse a preguntar as crianças do CEIP de Frións, en Riveira...

No seu blog todo é posible, igual que nos meus contos:
http://osaquelesdefrions.blogspot.com.es/2018/04/os-libros-da-titiriteira.html

Libros en Olveira


E chegamos a Olveira. 

Aquí, en Riveira, xa coñecen ao caracol sen nome. E tamén ás caras máxicas e por suposto ao capitán pirata que ten un gato que é un loro... ou é un loro-gato? menudo lío!


mércores, 11 de abril de 2018

A primavera da "miña" biblioteca!!!


Todo un pracer contar na Axencia de Lectura de Esteiro. A miña biblioteca! 

Cando era nena ía moito por alí, e, aínda que estaba pechada ao público, inxeniábamas para asexar un pouco. Antes estaba situada no "faiado" da Casa da Sociedade. Lembro un lote de volumes cheos de pó, sen que ninguén (ou case ninguén) fora visitalos. Agora, ao ver como cambiou, sinto unha alegría tremenda. Unha biblioteca viva! Coas crianças da vila bulindo entre os libros.
E que sexa por moitos anos máis!