Neste inverno o raposo abrigouse ben co seu pucho, o coello saltou e correu para escorrentar o frío, o furón asexou e o ourizo... o ourizo precisou da axuda dos seus amigos.
E ademais, foi o aniversario de Lola! Que máis se pode pedir?
En Gaia dos Nenos (Compostela) celebramos o entroido con contos, disfraces e merenda! Grazas a Sonia, Helena e Miriam por convidarme a gozar dunha tarde tan especial como máxica.
Onte no CEIP Alexandre Rodríguez Cadarso de Noia pasámolo xenial cos libros da Titiriteira!!! Un pirata que ten un gato en vez dun loro, un caracol que esqueceu o seu nome e dúas caras moi, pero que moi lerchas...