venres, 28 de decembro de 2018

Que frío... en Fene


Os contos de inverno chegan a Fene con moito, moito frío preparando a chegada do novo ano!

Que teñades moi boas festas e un feliz ano novo!!!


martes, 18 de decembro de 2018

Bo Nadal! CEIP de Curtis


A familia de monicreques de "Cantamos?" desexan unhas felices festas a todas dende o CEIP de Curtis!

Que sexades felices e vos traia moitas cousas o Apalpadorrrr!!!!

mércores, 5 de decembro de 2018

Asinando "Cantamos?" no ADR Castelao


Despois da presentación de "Cantamos?" con Celtia e Rosi, asinei os libros que as nenas e nenos do CEIP ADR Castelao de Ordes me trouxeron. Todo un luxo!
Agardo voltar pronto!

martes, 27 de novembro de 2018

En Mañón tamén presentamos "Ula Lúa?"


No CEIP Francisco López Estrada de Mañón tamén buscamos a Lúa... e atopámola!!! 
Andaba na procura dos seus soños, porque ela, cada noite soña con viaxar, coñecer novos lugares e ter amigas para xogar

Presentación Ula Lúa - Libraría Pontillón

Que ben o pasamos con Lúa na libraría Nobel O Pontillón de Moaña!!!
E aprendemos que os contos, ademáis de ser contados e escoitados tamén se poden ler.

mércores, 21 de novembro de 2018

40º Aniversario da biblioteca de Muros!

Un inmenso pracer celebrar o 40º aniversario da Biblioteca Pública Municipal de Muros xunto co meu compañeiro Luis Vallecillo!
Cantamos, contamos, sopramos as candeas e... comemos torta!!!

domingo, 11 de novembro de 2018

Contos outonais e de inverno en Bando (Compostela)

No centro social de Bando, en Compostela dentro do programa 12 doces de outono, moitas personaxes xogaron e brincaron polo outono... e inverno!!

martes, 30 de outubro de 2018

Outono no CSC do Ensanche

Contos de piñas, castañas, animais do bosque, trasgos e... magosto, samaín... do outono!!! no CSC do Ensanche, en Compostela, porque esta é unha estación para desfrutar!

domingo, 28 de outubro de 2018

Ula Lúa? en Compostela


Asinando Libros de "Ula Lúa?" en Compostela porque unha vez máis esta gatiña demostrou que a ilusión fai dos soños unha realidade.


sábado, 27 de outubro de 2018

O Outono dos santacombeses

Porque hoxe contamos contos do Outono e do Inverno na biblioteca pública municipal de Santa Comba! 
O noso esquío fartouse de soñar e contar, contar e soñar...

venres, 26 de outubro de 2018

Biblioteca Xabier P.Docampo

Continuamos celebrando aniversarios de Biblioteca Luis Vallecillo e máis eu. Esta vez na Xabier P.Docampo de Cambre. E pasámolo en grande!!!

xoves, 25 de outubro de 2018

Aniversario da biblio do Carballiño

E que mellor día para celebrar o aniversario da biblioteca do Carballiño que o día das bibliotecas!!!!
Cantamos, xogamos, bailamos e comemos torta de aniversario, por suposto... de chocolate!

mércores, 24 de outubro de 2018

Cantamos no CEE Manuel L.Navalón


Unha xornada moi especial e moi divertida no CEE Manuel L.Navalón de Santiago de Compostela cos contos e personaxes de "Cantamos?"

luns, 22 de outubro de 2018

Lúa no teu cole!

Xa podedes solicitar a actividade de "Ula Lúa?" para os colexios! Baseada no libro homónimo

No Consorcio Editorial Galego facilitaránvos toda a información para que Lúa poida visitarvos. Podedes chamar ao 986405051 ou enviar un mail a pedimentos@coegal.com
Podedes obter máis información sobre o libro e actividades complementarias en http://guindastre.gal/coleccions/a-xanela-do-maxin/ula-lua/ 

A que agardades???? Estamos preparadas!


sábado, 20 de outubro de 2018

Volve a primavera a Santa Comba?

Volve a primavera a Santa Comba!!! Nin máis nin menos que a mediados de outubro... todo un fenómeno.

Falamos da primavera e tamén do verán. O outono e inverno deixámolo para o vindeiro sábado!!

venres, 19 de outubro de 2018

Con Rosi en Ordes!!



Menos mal que o lobo feroz se leva ben con Rosi, que se non...
No CEIP Mesón do Vento, de Ordes, pasámolo en grande cos contos e cancións de "Cantamos?"
Coñecemos aos tres porquiños, ao gato con botas, ao lobo feróz e... por suposto, A Rosi!


luns, 1 de outubro de 2018

Ula Lúa?



Xa o teño comigo!!!!!  O libro "Ula Lúa?" do cal son autora e publiquei xunto co ilustrador Marcelo P.Fernández en Guindastre Edicións.

venres, 31 de agosto de 2018

Contos do verán no campamento


Na clausura do campamento urbano do concello de A Baña, en Agra de Chans, contamos contos para o verán.

Porque o verán, mola!!!

luns, 18 de xuño de 2018

A contar no CEIP Pena de Francia!


Preparadas, listas.... a Contar!!!! 

No Pena de Francia  de Mos agardan impacientes os "Libros da Titiriteira". Xa chegan, xa chegan!

xoves, 14 de xuño de 2018

CEIP Fernández Latorre (A Coruña)

Mirade con que fermosura de chapa me agasallaron neste cole tras os "Libros da Titiriteira". Foi xenial!!! http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipfernandezlatorre/node/22325

En Cambre cos libros!


Desta vez volvo ao CEIP O Graxal de Cambre cos Libros da Titiriteira para contar e soñar...

E si que contamos! Con títeres e historias fantásticas

Deica a próxima!!!

luns, 28 de maio de 2018

Ao abrigo dunha árbore


No CEIP Ramón de Artaza de Muros contamos contos ao abrigo dunha árbore moi especial: A da biblioteca!

Obrigadísima por todo...

venres, 25 de maio de 2018

mércores, 23 de maio de 2018

Querida primavera! Xinzo de Limia

Contando no auditorio de Xinzo de Limia os meus "Contos para a primavera" coa "trasga vera", "as fadas das flores", "Koli e os seus amigos", "Vermes de Cores", "Unha horta moi especial" ou "O Galo Perico" 

martes, 22 de maio de 2018

CEIP de Barouta, en Ames

Artellamos moi pero que moi ben no CEIP de Barouta, en Ames, cos Piratas tolos, o Caracol que busca o su nome e máis aquel home que quedou enterrado na neve... e que nos deixa unha historia acumulativa con éxito asegurado: porque a auga apaga o lume, e o lume queima o pau, e o pau asusta ao gato, e o gato pilla ao rato, e o rato fura a montaña, e a montaña para o vento, e o vento leva a nube, e a nube tapa o sol e o sol... non pode derreter á neve que cobre a aquel home...

http://artellandonocole.blogspot.com/search/label/MONICREQUES

De xogo en conto... na Ramallosa


Despois dunha mañá repleta de xogos populares, aínda nos quedan forzas para desfrutar dunha sesión de contos moi especial.

Moitísimas grazas a todas!!!

luns, 21 de maio de 2018

Contando no meu cole: CEIP Ricardo Tobío

Foi realmente emocionante volver ao CEIP Ricardo Tobío de Esteiro e contar para as fillas e fillos dos que foran meus compañeiros e compañeiras de cole... 
A biblioteca xa non está onde estaba, pero segue a ser activa e está cheíña de bos libros.
https://bibliotecamestreagrelo.wordpress.com/2018/05/21/contacontos-con-celtia/

venres, 18 de maio de 2018

Semana Cultural no CEIP Monte dos Postes


Na 4º Semana Cultural do CEIP Plurilingüe Monte dos Postes de Santiago de Compostela celebramos as Letras Galegas recordando a María Victoria Moreno e gozamos ao grande contando os Libros da Titiriteira para as nenas e nenos de Educación Infantil.

O Caracol recuperou o seu nome, Manolo logrou escapar da neve e o conto dos piratas... ese segue sen final. Ou mellor dito, agora xa ten tantos finais como nenas e nenos asistiron ao contacontos.

CEIP Ramón Cabanillas de Santiago

Na biblioteca do CEIP Ramón Cabanillas de Santiago de Compostela contamos e recontamos nos libros relibros

Subiron máis fotos a...
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipramoncabanillas/galeria/thumbnails.php?album=399

martes, 15 de maio de 2018

Semana das Letras en Noia


Iniciamos a semana das letras no CEIP Felipe de Castro de Noia compartindo libros e contos cunha chea de crianças desexando facer grandes viaxes coa imaxinación.

Alá vou Brión!


Alá vou Brión!!!! As nenas e nenos do CEIP Pedrouzos agardan os meus Libros da Titiriteira e xa van, xa van...

Cos contos máis contos e as historias máis historias de todas

luns, 14 de maio de 2018

Aniversario da Biblioteca de Melide

40 anos!!! Nin máis nin menos! Son os que cumpre a Biblioteca de Melide. E por iso lle organizamos unha festa por todo o grande, con contos, música, diversión e... por suposto... unha torta de aniversario!!!! de chocolate... mmmm..... 

Parabéns para ti... nesta data querida... moitas felicidades... moitos anoooos deeee vidaaaaaaaa

venres, 11 de maio de 2018

Colexio de Palmeira, Riveira

Vaia mañá en no CEIPP de Palmeira, en Riveira!!! 

4 sesións de "Os libros da Titiriteira" que me deixaron, por certo, moi bo "sabor de boca"

Grazas por todo!

mércores, 9 de maio de 2018

7 imaxes dos libros en Arteixo

No CEIP Ponte dos Brozos pasámolo pero que moi ben con estes libros. E se unha imaxe fala máis que mil palabra...

venres, 4 de maio de 2018

CEIP Bergantiños (Carballo)


O meu barco pirata de conto visitou hoxe o CEIP Bergantiños de Carballo. Dentro están o capitán que pensa que o seu gato é un loro, o cociñeiro, o aprendiz de pirata e tamén ratos, moitos ratos...

Libros e contos cos que desfrutamos ao grande!

Os Libros no Blog da Biblio Asunción Antelo



Fermosa entrada a que fixeron da miña contada na Biblioteca Asunción Antelo do CEIP Xosé Pichel de Coristanco
http://biblioxosepichel.blogspot.com/2018/05/contacontos-celtia-titiriteira.html

xoves, 3 de maio de 2018

CEIP Otero Pedrayo de Laracha


E tamén coñecín a Ramoniña! A mascota da biblioteca do CEIP Otero Pedrayo de Laracha. 

Unha biblioteca cheísima de libros que nos acolleu estupendamente tanto a min coma aos meus Libros da Titiriteira. 
E pasámolo xenial!

mércores, 2 de maio de 2018

Compartindo libros en Vilarmide (Muxía)


Lendo con Leocadia en Carnota


Seica a mascota da Biblioteca do CEIP de Carnota se chama Leocadia. Gústacheme ben!

E aínda que os contos os contamos no Salón de Actos, seguro que nesa biblioteca hai algún libro de caracois (que quizáis teñan nome ou quizáis non), tamén haberá algún da neve e de piratas. Si! Estou segura que de piratas hai máis de un, e máis de dous tamén... e máis de tres!!! 
Só hai que buscalos, collelos, abrilos e usar a nosa.... IMAXINACIÓN!!! Claro que si

luns, 30 de abril de 2018

CEIP Baíñas, de Vimianzo


Moito me gusta actuar nestas terras. As nenas e nenos desfrutaron ao grande cos Libros da Titiriteira, e eu tamén... 

Contos para todas e todos na Biblioteca con libros xigantes e historias xeniais!

Despedímonos das caras... en Baio

Algúns libros acompáñanme sempre...e outros van mudando. 
Ás caras xa lles quedan poucas funcións, botarémolas de menos. Levan xa tempo comigo pero debemos darlle paso a novos contos e historias
No CEIP Labarta Pose de Baio tiveron a sorte de desfrutar delas!

sábado, 28 de abril de 2018

Primavera no Pino


Contamos para a Primavera no Pino. 

Tarde de manualidades, misterios, contos e moita diversión!


venres, 27 de abril de 2018

Unha primavera de libro

Unha colorida primavera en Lourenzá con contos para celebrar o día do libro.

Pasámolo moi ben coa trasga Vera, as fadas flor, Simón e a súa horta, os vermes de cores, koli e todas as personaxes que nos acompañaron nesta aventura.

Por mar a Nigrán

Por terra, mar ou aire? A mellor maneira que teñen estes piratas de chegar a Nigrán e por mar, por suposto.

E no CEIP de Mallón navegamos polos contos, nadamos a través das historias e mergullámonos nas lendas... como ten que ser

Waw!!! Que fachada!

Que pasada chegar a contar nun colexio e ver, o primeiro de todo, unha fachada coma esta...

No CEIP Carlos Casares de Nigrán si que contan!!!

xoves, 26 de abril de 2018

O Mosteirón de Sada

No CEIP Plurilingüe O Mosteirón, en Sada, pirateamos cun gato no ombreiro. Un gato que é un loro! Ou un loro-gato? Vaia lio!

E ademais axudáronme a levantar algúns dos libros que... son moi... moi...moi... pesados!!!