mércores, 25 de outubro de 2017

En Marín cos libros

E onte tamén estiven en Marín, con estas pequenas historias dos xigantes libros nunha biblioteca fermosísima e moi activa para o alumnado do CEIP do Carballal.

Tambo, a súa mascota, é unha tartaruga ben bonita, que nos acompañou durante toda a contada...

martes, 24 de outubro de 2017

Titereando no Grove



Hoxe titereamos canto quixemos no CEIP Rosalía de Castro do Grove

Un público marabilloso nestas dúas contadas nas que celebramos o día das bibliotecas por todo o alto.






Sempre un pracer! Brión


Un pracer contar na sala de exposicións de Brión, rodeada de tan fermosas obras para as miñas veciñas e veciños.

Grazas a Alberto e a Armando! Sempre tan atentos e xenerosos.


sábado, 21 de outubro de 2017

E voltamos a Chantada!


Na biblioteca de Chantada e no medio desta decoración tan Outonal, estiven na miña salsa contando contos de esquíos, castañas e follas secas.

E xa van as catro estacións... 
Vémonos noutra!