Primeiro día de inverno, primeiros contos da tempada e última sesión do ano!
Na premiada Biblioteca Pública Municipal de Verín sempre é un pracer contar.
Que teñades moi boas festas e un feliz ano novo!
xoves, 21 de decembro de 2017
luns, 6 de novembro de 2017
A mesa do outono na Laracha
A mesa do outono chegou á Laracha con toda a súa maxia.
Un público magnífico e un trato estupendo. Así da gusto!
Agardo que nos volvamos a ver de contado...
Bicos e apertas
mércores, 25 de outubro de 2017
En Marín cos libros
E onte tamén estiven en Marín, con estas pequenas historias dos xigantes libros nunha biblioteca fermosísima e moi activa para o alumnado do CEIP do Carballal.
Tambo, a súa mascota, é unha tartaruga ben bonita, que nos acompañou durante toda a contada...
martes, 24 de outubro de 2017
Titereando no Grove
Sempre un pracer! Brión
Un pracer contar na sala de exposicións de Brión, rodeada de tan fermosas obras para as miñas veciñas e veciños.
Grazas a Alberto e a Armando! Sempre tan atentos e xenerosos.
sábado, 21 de outubro de 2017
E voltamos a Chantada!
Na biblioteca de Chantada e no medio desta decoración tan Outonal, estiven na miña salsa contando contos de esquíos, castañas e follas secas.
E xa van as catro estacións...
Vémonos noutra!
venres, 29 de setembro de 2017
Rematando o verán en Verín
Nun día tan caluroso coma este en Verín damos oficialmente por rematado o verán e comezamos co outono contando para as dúas estacións.
Retornaremos no inverno!
luns, 25 de setembro de 2017
Outono no Barbanza
Volvemos a Porto do Son! Desta vez para darlle a Benvida ao outono.
A calor xa escapou e a paisaxe tínguese de cores coas follas que caen...
Contos da avoa, dos bosques, de esquíos, trasgos e trolls. Toda unha ledicia para os sentidos e a imaxinación.
A calor xa escapou e a paisaxe tínguese de cores coas follas que caen...
Contos da avoa, dos bosques, de esquíos, trasgos e trolls. Toda unha ledicia para os sentidos e a imaxinación.
venres, 1 de setembro de 2017
Primavera e Verán en Paderne
Hoxe en Paderne doble sesión: primavera e verán!!! Todo un luxo contar cun público coma este.
Unha actuación enmarcada dentro da Rede Cultural da Deputación da Coruña.
domingo, 25 de xuño de 2017
Brión e Chantada
venres, 26 de maio de 2017
luns, 15 de maio de 2017
Contos para o verán
Os "Contos para o verán" xa comezarán a xirar na vindeira semana e andamos cos últimos preparativos.
Veña, que xa queda menos!!!
Veña, que xa queda menos!!!
sábado, 13 de maio de 2017
Biblioteca Miguél González Garcés, da Coruña
Sempre un pracer actuar nesta biblioteca da Coruña. Público magnífico...
Coa primavera das "Estacións en Contos" dun lado para o outro...
E que non pare!!!
Coa primavera das "Estacións en Contos" dun lado para o outro...
E que non pare!!!
venres, 12 de maio de 2017
Contando en Brión...
E volvemos a Brión! Un marabilloso pobo no que sempre tiven moi boa acollida, desfrutando dunha estupenda tarde de primavera e contando para un público desexoso de historias e aventuras...
Moi pronto retornarei cos "Contos para o Verán".
Xa me tarda...
Moi pronto retornarei cos "Contos para o Verán".
Xa me tarda...
mércores, 10 de maio de 2017
Coa primavera en Coristanco
Seguimos coa primavera!!! Esta vez no CEIP Bormoio-Agualada, en Coristanco.
Un verdadeiro pracer compartir convosco o meu traballo! Grazas por esta gran acollida.
Vémonos!!!
venres, 28 de abril de 2017
Os libros tamén viaxan a Chantada
Caras sorrintes onte na biblioteca de Chantada.
Os nosos piratas fixeron das súas e o caracol quería quedar a xogar cas crianças, pero todo o que comeza, ten que rematar...
Así que nos despedimos deica a próxima!
martes, 11 de abril de 2017
En abril: Verín e Chantada

O 07 de abril estiven coa miña particular primavera en Verín e o 11, en Chantada.
A seguir repartindo cores por aquí e por alá con contos e historias de paxariños, flores ou esquíos.
E non volo perdades, porque a estas bibliotecas volvemos na próxima estación. Alí vos agardo cos "Contos para o Verán"!!!!
Vémonos...
venres, 31 de marzo de 2017
Despedimos o inverno en Brión
Recén rematado o inverno, en Brión quixemos facerlle unha homenaxe, porque nos trouxo moitas cousas boas e non queremos nin debemos esquecelas.
E para que comece outra estación, a anterior ten que rematar... a natureza non fai máis que mudar!
mércores, 22 de marzo de 2017
En Tui con cores e contos...
No CEIP de Guillarei, en Tui, tamén lle demos a benvida á primavera como se merece: con cores, contos, fantasía e moita ilusión...
Vémonos na próxima estación!
luns, 20 de marzo de 2017
Benvida primavera!!!
Hoxe recibimos á primavera en Porto do Son por todo o grande!!!
Unha actuación enmarcada dentro do circuíto cultural "Ler Conta Moito" da Rede de Bibliotecas de Galicia e organizada pola concellería de cultura. Todo un pracer participar nesta programación.
Deica a próxima!
sábado, 25 de febreiro de 2017
As flores xa saen a xogar!
A partir do 07 de marzo estarán dispoñibles os "Contos na Primavera" para encher de cor colexios e bibliotecas.
E mirade! As primeiras flores saen a xogar! Están desexando compartir as súas historias...
Que viva a primavera!
luns, 13 de febreiro de 2017
venres, 10 de febreiro de 2017
No CSC do Ensanche (Santiago)
Actuación enmarcada dentro Programa Apego neste primeiro trimestre do ano.
E todo grazas ao Departamento de Lingua do Concello de Santiago que tan magnífico traballo está a facer na dinamización do galego.
Deica a próxima!
Deica a próxima!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)