Un pracer actuar no CPI de Cervantes, un pequeno colexio da montaña lucense que me roubou o corazón.
Unha mañá inesquecible na que o afecto recibido por parte do alumnado, xunto coa súa amabilidade e a simpatía das mestras e mestres fixeron que me sentira realmente agradecida de poder chegar cos meus contos ata eses recunchos do rural nos que o contacto coa natureza parece facernos sentir a vida dun xeito máis apracible e sosegado, na que a cooperación e o apoio mútuo están presentes en cada actividade e en cada enredo.
GRAZAS POR TODO!!!!