luns, 5 de setembro de 2016

As estacións en contos


Dende o 12 de setembro estarán dispoñibles os Contos Outonais de "Estacións en Contos" para realizar en colexios e bibliotecas. Unha chea de historias co outono como protagonista dirixidas ao público infantil que nos achegan a unha época tan máxica como auténtica, na que escoitando á natureza e mirando ao noso arredor podemos apreciar a beleza de tódalas súas transformacións e comprender o sentido da mesma.


https://celtiafigueiras.blogspot.com.es/p/as-estacions-en-contos.html

Está especialmente indicado para nenas e nenos de 3 a 5 anos en grupos reducidos (máximo 50 espectadores), podendo realizar ata catro sesións consecutivas.