domingo, 4 de setembro de 2016

Alimentos do corpo e da alma

A comida é máis sabedeira de cociñarse con cariño, ao igual que os contos son máis fermosos ao contarse con amor e así como a comida alimenta o corpo, os contos, a música e o teatro, alimentan a alma. 

Defendamos que a ninguén lle falte un prato saudábel na mesa nin nos esquezamos de contar contos, ver teatro e oír música (ou escoitar contos, tocar música e facer teatro...) en definitiva, vivir con alegría e encher de ledicia o corazón de cantos nos rodean porque tanto a saúde do corpo como da alma son esenciais para ser felices e a felicidade pode atoparse nos recunchos máis insólitos da arte e da gastronomía.