xoves, 1 de setembro de 2016

Xa falta menos...


Xa falta menos para o comezo de curso. Datas de ilusión e nervios polo reencontro cos compañeiros e o inicio unha nova aventura que durará tres longos trimestres.

Aínda me lembro cando era cativa e un feixe de libros de texto agardaban por ser descubertos. A impaciencia por atopar o que agochaban no seu interior levábame a ollalos con ansia para despois gardalos con moito mimo á espera de que chegara o día de comezar. Non o podo evitar, a miña paixón polos libros leváme a facer cousas así...

Agora ocórreme algo parecido, pero en lugar de ser libros de texto, o que ansío descubrir e atopar antes de comezo de curso son ideas, contos, fantasías e relatos, algúns nacidos da miña imaxinación e outros localizados tras horas de busca en bibliotecas e librarías para despois compartilos nas aulas diante dos atentos ollos deses nenos e nenas nun tempo e nun lugar onde o meu traballo cobra sentido.