sábado, 27 de agosto de 2016

Lembranzas

Preparando o meu novo contacontos lembreime desta fotografía. Xa pasaron tres anos dende entón pero aínda está moi presente porque foi un día moi especial.

Unha actuación na que colaboraron O concello de Riveira, A Xanela do Maxín e a asociación "So Lles Falta Falar", como un xeito de sensibilizar aos máis cativos sobre a importancia de tratar ben aos animais e á natureza.

De seguro que as nenas e nenos que nos acompañaron tamén o recordan: Despois da función puideron xogar, pasear e desfrutar cos cans da asociación! Verdadeiramente inesquencible.

Benvid@s!!!

Benvid@s a este blog! Será un pracer compartir con todas e todos vós as miñas experiencias, contos, novidades e algunha que outra sorpresa. 

Adiante...