A piques de rematar outra estación, despedimos os nosos "Contos Outonais". E digo nosos porque non só son meus, se non tamén de tódalas nenas e nenos que me acompañaron nas contadas. Que riron e se emocionaron comigo ao longo de cada unha das historias.
Historias da avóa, de bosques, prantas e animais... con moitas sorpresas e un fío común: o outono.

Tan só me queda agradecer os apoios cos que contei para levar a cabo este proxecto e lembrade que seguimos no camiño cos "Contos de Inverno".
Unha forte aperta
Vémonos!!!!!