Este proxecto nace dende a idea de que as nenas e nenos se acheguen ás estacións dun xeito diferente, escoitando á natureza e respectando os seus ciclos para sentila e gozala ao máximo.
Coa narración oral, entre monicreques e elementos naturais propios do outono xorden os contos que escollidos con moito mimo, presentan valores como a igualdade, a ecoloxía e a amizade, sempre coa tenrura e inocencia propias da infancia.
É a primeira sesión das catro que compoñen "As estacións en Contos" e agárdannos moitas sorpresas por descubrir!!!!